Os dez textos reunidos neste volume, son contos de autor, mais poderían inserirse, perfectamente, na contística tradicional polas semellanzas temáticas, estruturais, polos motivos, personaxes, etc.
Sebastián Paz é consciente das posibilidades do xénero para o traballo didáctico nas aulas. Isto explica a proliferación de comentarios explicativos dalgunhas pasaxes, así como o caudal léxico que quere contribuír a enriquecer o vocabulario de nenas e nenos en idade escolar.
Tamén está presente a música, en consonancia coa actividade profesional do autor. Esta edición está ilustrada cos deliciosos debuxos da pequena ilustradora Celtia Ponte Lope. [Presentación editorial]