"Luz e Lupe" é un berro longo de liberdade... Unha historia asimétrica e picassiana de dúas mulleres contundentes, queridas, profundas, nosas. Dúas mulleres radicalmente comprometidas que viviron momentos distintos do noso tempo... E iste ven sendo o relato intensamente poético desa hsitoria. Un relato que é tamén a historia de Compostela entre dous séculos e un canto continuo de afirmación galega. Un relato que é como un diario que recrea a vida dunha cidade, como a conversa sen principio nin fin dunha antropóloga -Lupe- co seu personaxe -Luz-. Libro interxéneros absolutamente torrencial e desbordante que recolle todo o poder creacional de Lupe Gómez [Texto de contracapa de H. Barreiro]