Puntuación: 1.9/5 (41 votos)
En certa ocasión un neno non quería tomar a sopa. A súa nai díxolle: "Eu dareicha". Daquela o neno contestou: "iEstá quente!" A nai revolveu a sopa. Agora xa non estaba quente. Pero o neno volveu a cabeza e dixo: "Xa non teño fame. Non quero comer. Quero xogar". Entón a nai empezou a contarlle un conto para que tomara a sopa.
A apaixoante historia da máquina de saltos-xira-balanceadora-tocabocinas, os estranos gustos culinarios das vacas, o temor a voar dunha bolboreta recén nacida ou a xenerosidade dun esquío cunha familia de ratiños campestres son algúns dos relatos breves -pero de intenso sabor- que unha nai desgrana para vencer a desgana do seu fillo ante un prato de sopa.
Todos, nalgún momento da infancia ou da madurez, vímonos reflexados neste libro: ben tramando argucias para abrir o apetito dos máis pequenos, ben abrindo a boca para dar a benvida a sucesivos bocados que surcaban o aire a bordo de tenedores voantes.
Neste caso, a culler que collemos con estas "27 historias para tomar a sopa" contén as suxerentes narracións de Úrsula Wolfel, aderezadas co talento do ilustrador Pablo Bernasconi. Para tomar a sopa, para ir á cama, para darse un baño... calquera actividade vólvese irresistible se a precede algún destes relatos, estructurados cunha linguaxe sinxela e práctica.
O gato que comía flan de chocolate, a lebre que salvou dos cazadores ás demais lebres grazas á agudeza das súas enormes orellas, os avatares dun coche de xoguete que se colou nas galerías subterráneas dunha toupeira... Úrsula Wolfel demostra neste libro a súa habilidade para conectar coa sensibilidade infantil e atraer a súa atención en a penas unhas liñas.
As súas historias teñen algo de banal, unha migalla de humor, otra de tenrura. Os seus ingredientes atópanse na vida cotiá, no universo imaxinario dos nena complicidade que forxa con eles a base da emoción que destilan contos encadeados coma o do sombreiro voador ou o dos animais que axudaron á formiga a conseguir un anaco de pan con manteiga.
O colorido das ilustracións resulta irresistible, os personaxes parecen saídos do taller dun mecánico de contos. Porque, neste caso, comer deixa de ser un acto aburrido e tedioso para converterse nalgo apetecible e divertido: a sopa de Wölfel e Bernasconi xa non é unha sopa calquera, senón unha sopa de letras.
[Presentación editorial]