Puntuación: 1.7/5 (20 votos)
Un dos títulos fundamentais da obra de Antonio Pereira, en "Contos da Cábila" latexan as vivencias infantís e adolescentes do autor. Estamos perante unha evocación que recrea ese tempo fronteirizo que é o paso da infancia á adolescencia. Unha educación sentimental nas terras da Galicia estremeira, onde a vida semella ir ao ritmo das pedaladas da bicicleta, das feiras e do asubío das locomotoras. Desde a Cábila, barrio de Vilafranca do Bierzo, o lector séntese levado por un universo persoal afastado no tempo pero próximo na memoria, que nestes contos aparece avivecido e arrequentado pola visión e o estilo do autor.
Antonio Pereira xoga coas súas lembranzas para tecer o tapiz dun pasado co que todos nos imos sentir doadamente identificados. Os primeiros amores, avida de estudiante, as tentativas literarias do adolescente, a iniciación no sexo, o illamento e a lectura, van constituíndo esa ollada tenra e divertida na que non deixa de estar presente unha Galicia que para o narrador representa ese mundo idealizado, case exótico ou mítico, tan característico da visión dos rapaces.
[presentación editorial]