No noso Mercado Común Literario (que ten máis de mercado que de común) conviven, en condicións desiguais, literaturas en distintas linguas: galego, asturiano, éuscaro, catalán e castelán. Este libro recolle, en edición multilíngüe con tradución ao castelán no seu caso, trece relatos de trece autores e autoras que desde cada unha desas linguas están construíndo o mapa narrativo da nosa xeografía. Trece autores inéditos ou emerxentes. Trece botón narrativos como mostra dun traxe onde non todos se senten cómodos. Unha cartografía plural das historias que nos atinxen: a precariedade que comeza por un mesmo, a intemperie como horizonte, ser novo e o seu manual de supervivencia, o sexo como verdade opaca, o diñeiro como trampa e como mecanismo de defensa. A narración nosa de cada día. Este libro non ten vocación de páxinas amarelas. Aspira, como moito, a arquivo de direccións de interese. Literario. “Trece por docena”: non estamos de saldos pero non se perdan esta oportunidade. Á xefa de marketing esta vez gustoulle o título. Unha boa oferta, di.
[Tradución da contracapa do libro]