A Asociación Galega de Emigrantes Retornados (AGER) presenta o libro "Catro vidas do exilio galego en Venezuela". Xurxo Martínez Crespo achega nestas páxinas a historia decatro vidas que son unha mostra dos centos de galegos que tiveron a sorte de ser acollidos nun dos poucos países que abriu as súas fronteiras aos exiliados galegos, vascos, cataláns e españois. Castelao, que pola súa condición de exiliado tiña prohibida a entrada á Arxentina de Perón, tivo que facer uso do seu antigo visado como residente na Arxentina para poder exiliarse. Galiza ten unha débeda histórica con Rómulo Gallegos Freire, que pasara varios meses exiliado en Beluso, e con Andrés Eloy Blanco, presidente e misnistro de Asuntos Exteriores de Venezuela en 1948, respectivamente.
Estas catro vidas ( Mario Granell, José María Mosqueira Manso, Alberto Puente García e Alejandro Tejero Cuenca) son un claro exemplo, non do que gañou Venezuela ao acollelos, senón do que perdeu Galiza ao non telos a eles e a milleiros como eles. [Contracapa do libro]