Puntuación: 2.1/5 (44 votos)
A princesa non facia máis que bocexar e, como os bocexos son tan contaxiosos, todo o palacio andaba coa boca aberta: o rei, a raíña, os minístros..., ata o gato e o can do xardineiro boquexaban.
O rei trataba de contentar a súa filla con todo o que tiña ao seu alcance, pero os seus intentos eran ínútiles. Un día, mentres paseaba polos xardíns, o fillo dun críado de palacio achegouse á princesa e...
Un relato divertido, sinxelo e eficaz que, con acento poético, Ile saca gran partido á linguaxe e subliña o valor da amizade cunha mensaxe clara e directa para os lectores: "... nin bólas de xeado, nin colchóns de pluma, nin elefantas amarelas alegran o corazón das princesas tanto como un bo amigo".
Un conto para axudar os nenos a recoñecer os valores que Iles farán gozar da infancia, nunha sociedade a miúdo ameazada polo consumo, que esquece a relación, o xogo tradicional e a experimentación como actividades indispensables para coñecer o mundo e establecer
lazos afectivos.
As ilustracións de Elena Odriozola presentan un trazo delicado e intimista, con moita personalidade; sutil tanto a nivel técnico como a nivel conceptual.
[Presentación editorial]