Puntuación: 2.3/5 (40 votos)
Ao sultán gustáballe moito o queixo. Tiña habitacións cheas de queixos de todas partes; pero o palacio encheuse de ratos que comían o queixo do sultán, e os conselleiros tiveron que buscar unha solución:
Para botar os ratos, mandaron traer gatos;
para botar os gatos, traer cans;
para botar os cans, traer leóns;
para botar os leóns, traer elefantes;
para botar os elefantes, traer ratos...
e así ata nunca acabar.
Este conto, de orixe árabe, encadea unha serie de sucesos de tal xeito que a situación se complica progresivamente ata o final da historia, e volve emprazarnos no punto de partida.
En todos os sucesos agroma o sentido do humor e as situacións ocorrentes e disparatadas. Dado o carácter lúdico do conto circular, as repeticións formais resultan moi eficaces para conectar con destinatarios infantis. Para que a historia non resulte interminable, neste tipo de estruturas é frecuente que a redacción se arranxe cunha fórmula final que subliñe a natureza perenne do relato.
Txell Darné realizou as ilustracións coa técnica da colaxe, feita a partir de obxectos antigos que Ile confiren ao libro un certo ton de época. A ilustradora amosa un gran dominio da técnica e sorpréndenos cunhas composicións orixinais e imaxinativas, nas que o humor está moi presente.
[Presentacón editorial]