Puntuación: 2.0/5 (44 votos)
No labirinto da cidade, o menino debe coidarse dos grandes, escorrentar fantasmas, buscar comida. ..Agardando que a maxia da palabra faga mudar as cousas, e a noite non sexa tan fría. Mentres en certos países a asfixia social sexa algo posíbel, mentres na terra haxa ignorancia e miseria, libros como este non serán inútiles.
"Cobertor de Estrelas" trata de maneira literaria dos problemas vividos polos nenos abandonadas que viven nas rúas brasileiras, miúdos que perderon os vfnculos familiares e que pasan a infancia con outros nenos, durmindo na rúa, brincando e roubando e tentando defenderse de todo tipo de violencia. É esa a realidade de "Cobertor de Estrelas", un libro escrito baixo a óptica dun menino da rúa que quere aprender a escribir; ten a ilusión de que así pode safr do mundo da pobreza e da violencia no que se atopa. Esta é unha novela de aprendizaxe, na que fronte a esta noite adversa, Ricardo Lísias interpón a solidariedade dalgúns e, sobre todo, a grande capacidade humana do protagonista para, cos seus xogos e soños, buscar a forma liberadora da cultura, do traballo e do amor.
O libro procura non caer en conceptos preconcibidos e tenta comprender que os meninos da rúa non son distinto ao resto dos nenos.
Nunha edición belamente ilustrada pola artista galega Itziar Ezquieta, "Cobertor de estrelas" convértese nun libro de lectura obrigada, tanto pola súa beleza estética e literaria coma polo seu testemuño social.
[Presentación editorial]