Pinto&Chinto cóntannos a historia dunha familia fantasma que ten como protagonista o máis pequeno, Néstor. Das súas trasnadas saben en todo o barrio, e quere aprender a atravesar as paredes e como fan os seus pais que pasan dun cuarto a outro. A través del coñecemos a Historia da fantasmidade que lle conta o seu avó ou como unha antepasada súa foi a inventora da saba, mesmo as aventuras do seu tío con fantasmas doutros países.
Escrito con sensibilidade e tenrura; a expresividade e tratamento que lle dan as ilustracións de Pinto&Chinto axudan a darlle vida a Néstor neste libro no que o protagonista sente curiosidade polas historias da súa familia. [Presentación editorial]