Segundo libro individual de poemas de Elvira Riveiro.
Elvira Riveiro Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1997. Foi bolseira do Instituto Camões na Universidade de Lisboa e bolseira da Comunidade Europea -ao abrigo do programa Erasmus- na Universidade de Coimbra. A partir de 1999 comezou a interesarse pola cerámica, recibindo varios cursos de formación que a iniciaron nesta arte e facendo as súas primeiras achegas artísticas dentro do mundo da arxila. Neste ámbito, contribuíu á fundación da Asociación de Ceramistas ARXILARTE (2000) de Pontevedra, na que intervén activamente. Tamén ten participado en diversas exposicións colectivas (Museo Manuel Torres de Marín, Pazo da Cultura de Pontevedra, Casa da Xuventude de Carballo ou no Hotel Covelmar de Poio). Obra súa foi seleccionada polo xurado do XIIIº Certame Galego de Artes Plásticas da Xunta de Galicia (1999
Tras intervir en numerosos recitais poéticos, coas Redes Escarlata e sen elas, en decembro de 2003 concédeselle o XVII Premio de Poesía en Lingua Galega “Rosalía de Castro” que outorga a asociación homónima de Cornellà (Barcelona). Os textos premiados pertencen a un corpus poético (titulado “Arxilosa”) en que a autora se apropia da linguaxe da olería e da cerámica para póla ao servizo do sentimento amoroso e da poesía.