Puntuación: 2.0/5 (49 votos)
Luís Manuel García Mañá, actual Xefe Superior de Policía de Galicia, ofrece neste fermoso libro, ilustrado coas fotografías de Xurxo Lobato, a radiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político-administrativa, chegando a constituír un enclave independente e gozando os seus habitantes de privilexios por esta condición. Efectivamente, esta república esquecida de natureza político-administrativa complexa estivo xeograficamente enclava-da nas parroquias galegas de Santiago de Rubiás do concello de Calvos de Randín e de San Andrés de Meaus do concello de Baltar, mais vinculada historicamente a Portugal e España, a través de certa dependencia nobiliaria dos señoríos das Casas de Bragança e do Conde de Monterrei. No presente volume, Luís M. García Mañá, despois dunha documentadísima esculca, debulla aspectos como a orixe, evolución e notas históricas deste territorio; reflexiona sobre o carácter indepen-dente que chegou a ter o Couto Mixto; expón os privilexios dos habitantes do Couto (persoais, políticos, fiscais, administrativos, económicos e comerciais); rematando con referencias á extin-ción do Couto, tras o tratado de Lisboa de 1864, e a súa situación actual. Pola súa banda, Xurxo Lobato, ofrece unha coidadísima reportaxe, constituída por máis de medio cento de fotos, sobre o espazo e as xentes que habitan hoxe este territorio.
[Presentación editorial]