Con motivo da celebración das efemérides do bicentenario do nacemento de Hans Christian Andersen e do primeiro centenario da morte de Jules Verne, os membros da Rede Temática de Investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico” (LIXMI), en colaboración con outros investigadores convidados, ofrécenlles aos mediadores entre o libro e os seus receptores unha biobibliografía destes autores e dan a coñecer as versións, adaptacións e traducións que das súas obras se realizaron en cada unha das linguas da comunidade interliteraria ibérica. Do mesmo xeito, co gallo da celebración do cuarto centenario da publicación d’El Quijote, tamén se ofrecen estudos das versións e adaptacións desta obra dirixidas á infancia e mocidade. Tamén se lles ofrece a posibilidade de analizar comparativamente a evolución destas literaturas nos distintos ámbitos lingúísticos do marco ibérico, a partir da incorporación destes clásicos aos seus repertorios. [Presentación editorial]