Unha mestura entre Sexo En Nova York e No ventre do Silencio.
Un galego da Coruña, resultón, deportivista e sentimental, dúas coreanas que falan portugués e un profesor universitario brasileiro no Nova York post 11-S, nunha historia de amor, humor e sexo.
Alén diso, e a xeito de flash-back, un galego da Coruña que se emperra en publicar os seus poemas en Positivas e en namorar dunha rapaza que bebe os ventos polo Anxo Quintela de finais dos 90. [Presentación editorial]