A peripecia de Alfredo García Caramés é a historia dunha vida consecuente cun ideal vivido en tempos da Guerra Civil e mesmo despois dela. Un mozo estradense da Galicia rural foi testemuña de episodios transcendentais da nosa historia recente, sempre a carón do seu admirado xeneral Líster, que ademais era amigo e veciño de Teo. Sempre na fronte, recorda e opina neste pequeno relato e con lucidez, sobre aquel tempo, aquela xente, e as manobras de toda unha vida. [Contracapa do libro]