Rafael Pintas, que asumiu dende a súa xuventude a imaxe do goticismo inglés, tinguida de romanticismo e prerrafaelismo, do simbolismo baudelariano, do malditismo de Lautréamont e Radiguet, recolle os ecos pop da melancolía e fortalece o seu eclecticismo imaxinan- do un futuro na mirada distante que evoca o recendo das Coplas de Manrique: definitivamente, calquera tempo pasado foi mellor. E "Os ollos de Acibeche" o confirman, no seu paso transversal e ecléctico e na súa temática -en realidade, os seus poemas son un autorretrato ambiental da súa vida, dende a expresión emocional do eu romántico, proclamado como un longo monólogo interior no que se instala o seu proustianismo, que sempre rematará no Combrai pontevedrés-, definida pola percepción do espaw que delimita o tempo en soidade e un camiño que lle fai sentir feliz cos seus iconos referenciados.
[Fragmento do prólogo de X.Antón Castro]