Fermina Fariña é a máis famosa panadeira do lugar. O seu forno sempre está ateigado de xente que quere probar as súas deliciosas especialidades.
Na vila todos se preguntan cal será o se gredo dos seus moletes, a maxia dos seus cornechos de puntas revirichadas...
A mesma panadeira, a mesmísima Fermina Fariña, descoñece a orixe da súa arte. Por iso un día emprende unha viaxe a través do fondo do forno na procura do segredo do pan. [Contracapa do libro]