Este dicionario proporciona o máis amplo coñecemento sobre os nomes galegos de persoa e as súas traducións ás principais linguas do noso contorno. Así mesmo recolle a orixe etimolóxica ou procedencia de cada nome e tamén os hipocorísticos ou formas de uso de carácter agarimoso e familiar.
Neste volume inclúese un santoral diario no cal se recompilan os santos patróns e avogosos, así como un completo índice onomástico de nomes noutras linguas coas súas correspondencias galegas.
Elixir o nome do neno ou nena que vai nacer, saber o día en que se conmemora o santo de cadaquén e mesmo emprender o camiño para galeguizar o noso nome e apelidos resulta agora máis doado con este Dicionario galego dos nomes. [presentación editorial]