Puntuación: 2.0/5 (51 votos)
A lebre e a hiena conversan, nunha xornada de pesca, sobre asuntos cotiás. "A mentira é a cousa que máis doe do mundo", dixo a lebre; e a hiena botouse a rir. Para levar adiante a difícil demostración, a lebre vai elaborar na porta de palacio, un "pastel" moi especial que provocará a cólera do rei; despois vai contar coa complicidade das moscas, expertas en ca...case todo tipo de cheiros, que buscarán entre os animaisJ o culpable de semellante obra.
A hipótese que formula a lebre, o que máis doe do mundo é a mentira, vai ser demostrada nun relato fantástico e divertido que provocará no lector, ademais dalgunha gargallada, a reflexión e unha resposta emocional.
Durante séculos, os contos foron, en moitos poboados de Africa, a primeira escola. Aínda que cada lugar posúe o seu estilo particular para abordar unha historia, os contos tradicionais africanos ademais de impregnados de contido simbólico, atesouran coñecementos e sabedoría ancestral; é común expoñer neles meditacións cosmolóxicas e filosóficas sobre a vida, revivir valores esquecidos, tratar de educar, guiar os individuos e, como neste caso, transmitir ensinanzas. A hiena, que encarna neste conto o carácter hipócrita e ruin dalgúns seres humanos, experimentará na súa pelo amargo sabor da mentira.
As ilustracións de Roger Olmos presentan personaxes expresivos, hiperbólicos, cargados de humor. Con trazo preciso e agudo, aporta a súa visión persoal dunha historia que, a través dun divertido exercicio de escritura, nos achega á palabra, ao pensamento e á herdanza cultural de Costa de Marfil.
[Presentación editorial]