Puntuación: 1.7/5 (27 votos)
Un rei poderoso, amante da caza e as armas, agarda impaciente o momento no que seu fillo ocupe o trono; pero Valentino, un príncipe bondadoso e intelixente, ten outro modo de ver o mundo e non responde ás expectativas do pai, aos estereotipos do heroe: é inimigo da caza, rexeita as armas e a idea da guerra faille tremer.
Aos ollos do rei, Valentino é un covarde; mais a súa conduta namora a unha princesa sagaz e intelixente que Ile axudará a saír con éxito das situacións desesperadas ás que se sinte arrastrado, pola necesidade de terse que enfrontar aos conflitos, como un príncipe valente e decidido. No feliz desenlace, o príncipe herdeiro acaba por converterse en heroe e abre a posibilidade de construír unha sociedade na que non se utilice a forza como recurso habitual para facer valer a razón.
Va!entino comunica simpatía ao lector. Con situacións cheas de humor e por veces absurdas, fainos entrar na psicoloxía do personaxe, conmove as sensibilidades e fai reflexionar sobre os valores supremos do corazón humano. Este conto chéganos desde Etiopía para facernos compartir unha cultura unitaria e universal.
As ilustracións de Renata Gallio complementan o sentido humorístico do texto cunha mirada cargada de dozura e sutileza, onde destaca o tratamento das texturas e o acabado preciso das imaxes.
[Presentación editorial]