Puntuación: 2.0/5 (51 votos)
Táín Bó Cuaílnge, a obra magna da Literatura clásica de Irlanda e saga épica central do Ciclo Ulster, reflicte a tradición oral, a mitoloxía, a relixión, a historia e os costumes e forma de vida da sociedade céltica de corte heroico da época pagá. Ao non ter sido afectada Irlanda pola presenza de Roma, esta e as demais sagas do Ciclo Uister, nun estilo directo e primitivo, preservaron os aspectos de espírito guerreiro dos indo- europeos que doutro xeito serían perdidos. E aínda que deuses e deusas e outros seres sobrenaturais xogan un papel crucial, os heroes son claramente humanos. Entre eles destaca Cú Chulainn, o Aquiles céltico. Táín foi preservado en forma oral polos filid, e recollido en forma manuscrita polos monxes-escribas tras a cristianización de Irlanda no século V.
Desde o gaélico orixinal, foi traducido ao inglés, francés, alemán, ruso e xaponés. No entanto, ata agora non existía unha versión en galego. Editorial Toxosoutos comprácese agora e gábase de poder presentar aquí esta singular saga céltica, como xa fixo anteriormente coa versión en español.
Unha adecuada edición e tradución dunha obra como esta require un profundo coñecemento das crenzas pagás, a Mitoloxía, a Relixión, e o Folclore do contexto onde ten lugar a acción.
Unicamente con este coñecemento se pode desenredar e aclarar a substanci desta e as demais sagas céltico-irlandesas, para poder presentar unha fidedigna versión delas. Algo que cremos que logrou o autor desta obra.
[Contracapa do libro]