Puntuación: 1.7/5 (74 votos)
Este libro colectivo tenta acadar un triple obxectivo. En primeiro lugar, procúrase enche-lo baleiro bibliográfico existente sobre Os Castros de Neixón (un espazo emblemático para a Arqueoloxía galega dende que fora escavado en 1925 por López Cuevillas e Bouza Brey) mediante a elaboración dunha monografía que combine axeitadamente a esixencia do rigor e calidade científicas, a necesidade de levar a cabo unha aproximación interdisciplinar, así como o compromiso coa divulgación e difusión do coñecemento arqueolóxico.
Por outra banda, quérese amosa- la vertente patrimonial deste espazo arqueolóxico, un ben cultural da Península de Barbanza que está a ser potenciado pola Dirección Xeral de Patrimonio, coa colaboración decisiva do Excmo. Concello de Boiro, o Centro Arqueolóxico de Barbanza, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-XuGa) e a Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia.
Asemade, este volume recolle os resultados da estratexia de investigación deseñada dende a Arqueoloxía da Paisaxe, para tentar maximiza-la información e o potencial de Os Castros de Neixón, non só como xacemento arqueolóxico, senón tamén como escenario de prácticas sociais e espazo simbólico na actualidade.
[Cobtracapa do libro]