Puntuación: 2.0/5 (49 votos)
Na historia de España que transcorreu entre as significativas datas de 1808 -inicio do liberalismo- e 1874 -inicio da Restauración- diferéncianse con claridade unha serie de períodos marcados pola existencia ou ausencia de liberdades e dereitos políticos, e que se manifestaban especialmente na vixen- da ou suspensión do sistema constitucional. A través da actividade do Concello coruñés pódese seguir puntualmente a sucesión de acontecementos que marcaron os cambios de rumbo da política española neste período, destacando a súa aposta decidida en varios momentos para iniciar ou contribuír á loita polas liberdades. Porén, non se trata, neste estudo, de presentar a historia política española a tra- vés dunha selección documental coruñesa, senón de destacar o papel desempeñado polas autorida- des municipais e a cidadanía naqueles momentos máis significativos que permitiron cambios de carácter progresista e democrático, ofrecendo, como contraste, a actuación de Corporacións contrarias a estes principios e idearios.
A través da documentación seleccionada resulta evidente o papel desempeñado polas elites liberais progresistas e demócratas da Coruña, que souberon involucrar ao conxunto da cidadanía para que tomase parte activa nos procesos de cambio que tiñan como obxectivo a superación do absolutismo e a implantación de réximes liberais e democráticos. A Coruña destacou como pioneira neste tipo de procesos durante o século XIX no contexto de Galicia, contribuíndo tamén poderosamente á historia española no seu conxunto.
As fontes utilizadas son todas elas de carácter primario, é dicir,coetáneas dos feitos, e consérvanse,agás escasísimos casos, no Arquivo Municipal da Coruña. Trátase, basicamente, de textos de carácter político que responden a catro tipos de documentos: bandos, proclamas, manifestos e actas de acordos da Corporación municipal que poden presentarse tanto na súa redacción final como en borradores. Salvo o caso das actas de acordos do Concello que se presentan manuscritas e en forma de libro na maioría dos casos, os restantes documentos poden ser impresos ou manuscritos, e presentarse tanto soltos como formando parte de expedientes ou de libros. Trátase, no seu conxunto, dunha documentación practica mente inédita e pouco utilizada pola maioría dos historiadores.
[Fragmento da Presentación]