Proponse nestas páxinas unha presentación e análise daquelas características que definen o texto dramático fronte a outros discursos literarios, para despois ofrecer diversas liñas de aproximación ao seu estudo e interpretación. Especialmente pensado para os estudantes de literatura, este libro constitúe unha introdución aos estudos literarios centrados na creación dramática e contén claves para afondar nos seus diversos aspectos. [Contracapa do libro]