Clásicos en Galego, a colección editada por Editorial Galaxia en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, continúa a xeira fundamental de publicar en galego as obras que foron constituíndo os alicerces da cultura ocidental. Trátase desta volta de "Consolación da filosofla", obra escrita por Boecio e que é unha síntese da herdanza do mundo clásico, tanto desde o punto de vista da literatura coma do pensamento. O libro está traducido pola profesora e poeta Helena de Carlos, que tafién é autora da introdución.
"Consolación da filosofía" é quizais unha das obras fiáis lidas no mundo occidental ao longo dos tempos. Concibida en circunstancias especiais, pois foi escrita na cadea por un condenado a morte, tafién é senlleira pola súa forma, na que prosa e verso se acompañan e determinan mutuamente. O seu autor é un cristián que non nos fala a partir dos dogmas da súa relixión, senón que semella conciliar na súa imaxe de Deus os principios das filosofías transcendentes máis nomeadas no mundo antigo, basicamente as de Platón e Aristóteles. Pero Boecio tafién é un gran poeta, capaz de amosar na súa poesía as pegadas dos fiáis importantes escritores da cultura grega e latina. [Presentación editorial]