O 5 de outubro de 1875 chegou a Lugo o primeiro tren da Coruña, cumpríndose así a prirneira parte dunha aspiración fondamente sentida nas dúas cidades. Unha mu1titude con música e bombas de palenque deulle a benvida ás autoridades coruñesas, pero sobre todo ó novo e revolucionario medio de transporte que xa levaba medio século transformando o mundo.
A chegada do prirneiro tren a Lugo fixérase desexar moitos anos, e aínda se había de suspirar oito máis antes de ter aberto o carniño de ferro á Meseta. Este pequeno libro é un rápido achegamento á historia daquela trascendental construción, que non careceu de entusiasmo por parte de moitos, nin tampouco de inmoralidade e fraude por parte dalgúns.
A colección San Froilán dos devanceiros inicouse no ano 2004 co libro de Javier Serrano Alonso titulado Emilia Pardo Bazán en Lugo ( San Froilán, 1906), e publicará anualmente un novo volume sobre algún teito histórico relacionado coas teiras e testas patronais. [Lapela do libro]