Nesta obra teatral dun único lance, Susa descobre, a través do seu agasallo de aniversario, a entrada ao mundo dos soños: xunto á canción máis vella do mundo, Fusa, teñen que derrotar a Senmus.
Este personaxe roubou toda a música do mundo, e se queren que o mundo dos soños volva ser coma antes, as dúas amigas terán que emprender unha viaxe a través do mundo da imaxinación, onde atoparán á Meiga da Folla, aos Mestres das Cores Esquecidas, e toda unha serie de personaxes fantásticos.