Esta novela recrea as guerras de cántabros, ástures e galaicos contra o invasor romano e a súa heroica resistencia final no mítico Medulio. A través do cántabro Laro e do galaico Camalo o lector sumérxese nos costumes e a civilización do Norte de Hispania. Pero tamén se presenta a visión romana da conquista por medio dos recordos do mozo Décimo Xunio Bruto. Dous mundos moi diferentes (ou non tanto) que aportan cada un os seus mitos e a súa forma de ser e que configuraron a partir de entón as características do Norte. Roma impuxo a súa visión do mundo, certamente civilizadora, pero non puido acabar totalmente co que xa existía. [Presentación editorial]