Puntuación: 1.7/5 (75 votos)
A literatura popular colombiana proporciónanos o fantástico poema a partir do cal a Orquesta Sinfónica de Galicia interpretou un ha composición creada expresamente polo músico Andrés Valero. Esta quinta entrega da COLECCIÓN SONDECONTO, de KALANDRAKA, resulta tamén moi atractiva polo peculiar estilo co que Roger Olmos realizou unhas ilustracións cheas de colorido. Así, fúndense a composición estética, poética e musical, formando unha obra ideal para os pequenos lectores.
En Colombia -e en América Latina en xeral- son abundantes as mostras da tradición popular, en forma de rimas e rondas infantís; non cabe descartar a posibilidade de que algúns deses exemplos sexan vestixios de antigos romances españois, pasados polo filtro da mestizaxe. A copla, da que existen numerosas variedades, é unha das principais formas da expresión poética popular.
Os poemas típicos desta cultura ancestral reciben nomes tan sorprendentes como bambas, cantas, corridos, galerones ou ensaladas, aos que se engaden métricas non menos exóticas: hai-kai, rubai Para a sociedade hispana estes poemas populares expresan variadas formas de sentir; pasan anonimamente de boca en boca, de xeración en xeración, de comarca en comarca; e esa transmisión oral breve, concisa, poética, que se cultiva nun clima especial de creatividade, emana dun sentimento que invita a reflexionar sobre a vida.
O actor Sergio Pazos recita esta composición poética cun ton solemne e acompasado. Á súa voz súmase o Coro de Nenos Cantores da Orquesta Sinfónica de Galicia, aportando un toque de dulzura e diversión. Por outra banda, o director de orquestra David Ethéve interpreta á perfección a partitura vibrante creada por Andrés Valero, onde un sinfín de instrumentos conxúganse á perfección e dan lugar a ritmos que evocan a marcha marcial, o bolero ou as cancións infantís.
O compositor plasmou na partitura unha "música lixeira" que Ile dá liberdade ao público para participar no concerto, tarareando a melodía ou acompañando aos músicos coas palmas. Nunha análise máis profunda, Valero aportou referencias a obras de autores clásicos nas que os protagonistas tamén son animais, como "Papillons", de Schuman ou "Pedro e o lobo", de Prokofiev.
O ilustrador Roger Olmos provoca unha auténtica explosión cromática coa súa interpretación plástica das obras poética e musical: os seus animais proceden dun mundo imaxinario onde as perspectivas e os tamaños vense con outros ollos. O oso, o leopardo, a bolboreta ou o escarabello convértense en músicos dunha orquestra moi especial na que o pequeno lector é o dono da batuta.
[Presentación editorial]