Puntuación: 2.0/5 (50 votos)
Xaime plantou unha landra, pero...
antes de que puidese medrar un esquío
desenterrouna e agachouna.
Xaime plantou unha landra,
Xermolou e agromou da terra, pero...
Así comeza unha sucesión de esceas, narradas de xeito áxil, breve e repetitivo. Unha técnica moi recorrente nos contos destinados a primeiros lectores e de grande utilidade para a súa narración oral, coa que se pretende implicar ao público infantil. O mantemento dunha estructura narrativa convértese nunha regra mnemotécnica esencial para que os nenos saiban como continúa o conto.
Porque Xaime non se dá por vencido cando a súa primeira landra non crece: planta outra pero os animais písana, rabichan os gromos da que empezaba a nacer; os cativos estragan a planta que xermolara doutra semente, os madeireiros talan a árbore que chegara a facerse alta e forte... ata que a enésima landra que plantou Xaime convérsese co paso do tempo nun carballo robusto que dá como froito...máis landras.
Historia circular, cíclica, que cando remata pode volver a empezar. Como cada carballo que bota raíces tras superar os incalculables avatares que Ile poden xurdir -dende que tan só é unha simple landra- tras o conto de Tim Bowley xacen leccións coma a perseverancia. De feito, para acadar os obxectivos que cada persona persegue, téñense que superar moitos obstáculos e non desanimarse ata acadar a meta fixada.
Trátase dunha narración sinxela e tenra, que trata sobre a vida mesma e mailas súas circunstancias... As ilustracións de Inés Vilpi, resultan un complemento ideal, aportando colorido, calidez e sensibilidade.
[Presentación editorial]