Palabra exclusivamente oteriana, Bocarribeira é a verba-cifra do universo poético de Ramón Otero Pedrayo (Ourense 1888- Trasalba 1976). Publicado por primeira vez no ano 1958 na colección Brais Pinto, o poemario está transido de reverente emoción cósmica. é terra no tempo, paisaxe. Enreixado de camiños que van do ledo ao triste, do presente ao pasado, polos que avanza o xogo da vida e da morte nu latexar vibrante de luces e sombras. A obra dun gran poeta, imprescindible á hora de valorar a poesía galega do século XX. [Contracapa do libro]