Paul-Valéry dicía que o poeta vive embriagado de extravíos e de encrucilladas. Eu agregaría que de perplexidades. Unha delas, e non a menor, consistiría en comprobar que o universo, sendo como é creación nosa, vive fóra de nós e que , se o destino nos castiga con cegos sufrimentos, o cosmos segue xirando ignorando todo o que atravesa o noso peito. De aí que o poeta sexa un quixote que bate sempre contra os desexos incumpridos. Os desexos incumpridos disfrázanse de muíños de vento movidos por un vendaval de lembranzas que nos envolve e devora. Nelas está a vida, ese misterios que se axita por debaixo das palabras, que tamén son ventos que significan cousas que nos pasan. E o que nos pasa é o asombro de vivir en mel todos os días. III Premio Caixanova, 2004 [Contracapa do libro]