Puntuación: 1.6/5 (71 votos)
A obra que hoxe presentarnos, auspiciada polo colectivo Mar de tinta2, non ten outra finalidade, e para nada nos parece pouca cousa, que a de tentar arnosar que os galegos e galegas non estamos en disposición de comungar con rodas de muíño. Fronte ao que as autoridades políticas e os medios de comunicación vendidos ao sistema (neste país, a grande maioría) nos queren facer crer, o desastre do Prestige (como todos os anteriores e, por sabido, os que nos agardan no futuro) non son meras catástrofes ecolóxicas, isto é, unha serie de desgrazas naturais que, como calquera vendaval, non hai máis remedio que achantar con elas e o único que cabe é tratar de procurarse un pouco de abrigo; o desastre do Prestige foi unha catástrofe provocada, un froito lóxico do sistema económico neoliberal no que as nosas autoridades se senten tan cómodas até o punto de poñelo como modelo cara onde ternos que camiñar se queremos subirnos ao carro do Progreso.
(...)
Neste pequeno Limiar, Mar de Tinta quere agradecer as valiosas colaboracións que se sumaron á súa propia palabra. Son análises e relatorios cara a un necesario entendemento deste estraño puzzle que cada vez proxecta en Galiza, ao igual que noutras partes do planeta, as peores imaxes da globalización. Así, comezamos agradecendo a colaboración de Ignacio Ramonet e Ramón Chao, que non é outra que a cesión dun anaco do seu Abécédaire partiel, et partial, de la mondialisation (Paris, Plon, 2003), onde nos fan un pequeno percorrido por con- ceptos e realidades institucionais, para manexarnos neste non tan novo marco xeopolítico neoliberal. De igual xeito agradecemos o traballo de Marcial Gondar Portasany, no que o autor nos achega ó esclarecemento do «síndrome Prestige», termo utilizado e habilitado polo Servicio Galego de Saúde da Xunta como unha ferramenta mais do Goberno de Galiza co fin de ocultar a catástrofe, para «converter unha decisión política de efectos desastrosos nunha enfermidade», toman- do como pano de fondo a realidade da sociedade neoliberal e o pensamento Único. A colaboración de Manuel Outeiriño, «O afundimento do Prestige. Un caso de escándalo ecolóxico nos medios de comunicación», achéganos a «unha investigación das intencións que guían as estratexias de crear unha realidade en troques doutras», neste caso a estratexia dos medios fronte a evidencia dunha catástrofe. A manipulación informativa non parou e está a construír unha farsa onde día si e outro tamén nada do que aconteceu é verdade. Todo está arranxado pese a que a catástrofe aínda non rematara e pese a que os seus efectos están aínda por vir. A análise de Carlos Taibo, dun xeito curioso coincide coa liña de traballo das anteriores, dándonos consello de que «Quen a estas alturas pense que o de Prestige foi un accidente estatisticamente ineludíbel merece tanto respecto intelectual como as vítimas desa formidábel superstición que converte ao mercado en remedio de todos os males». Son todas elas, intervencións de carácter interdisciplinar, máis ensaísticas que académicas, cunha clara e fonda vontade de análise crítica e de ofrecer ao cidadán un relato alternativo dos feitos.
Fóra destas colaboracións, esta obra faise eco, acolle e recolle unha pequena mostra de rexeitamento do que foi un berro unánime contra a incompetencia. Un anaco de contrapoder plasmado na palabra, na poesía e na imaxe, máis próximo ao día a día febril e insubornable das moitas e activas plataformas cidadáns, que aos cativos medos das organizacións e partidos políticos. Deste xeito son de agradecer, agora e sempre, as verbas de Luz Fandiño, Xosé Luis Santos Cabanas, Xesús Redondo Abuín, Xulio Cid, Gaspar Dornínguez, Xabier Valle e Xaime Enríquez Martínez. Nas xuntanzas promovidas por Mar de Tinta cada xoves na Praza de Fonseca, escoitáronse moitas voces, citar ás dos poetas da Costa da Morte, ós familiares e amigos de Xosé Couso, das que estas servirán de testemuña. Tampouco imonos olvidar aquí a presenza e o traballo sempre entusiasta de Xulia García Dacobo, Carlos Campoy, Sindo Varela, Carmen Vázquez, Xosé Ramón e de todos aqueles aos que a memoria non esquecerá.
Noutro apartado se presenta de igual xeito unha serie de imaxes sobre a catástrofe. Tanto as fotografías de Lolita Fernández como as de Xulio Villarino dannos unha visión desgarradora e estraña, pero cotiá durante meses nas nosas costas e sempre alonxada das alegres postais turísticas que nos vende o cliché do poder.
Para finalizar, na contraportada, agachados nunha pequena lingüeta, atópanse dous pequenos vídeos, realizados ambos por alumnos do Instituto de Ensino Secundario de Espiñeira de Boiro, coordinados por Carlos Busto, Xis Costa e Alberte Pagán. No primeiro deles fannos un percorrido sen filtros e tan só cos pulimentos mínimos de montaxe que se poidan facer dende unha aula de audiovisuais neste tipo de centros, dos primeiros días da nova realidade do piche, na que os alumnos teñen que probar o novo oficio de voluntariado á forza. Pola contra, o segundo video, «23F Redux», é unha mix ben ilustrativa do traslado, tamén (pero non só) da protesta, de Galiza a Madrid.
[Fragmentos do Limiar de Mª de Lourdes Pérez González]