A recuperación da historia do movemento obreiro é un labor de xustiza para con aqueles homes e mulleres que impulsaron a configuración dunha sociedade democrática e máis achegada aos valores de xustiza e solidariedade. Tanto máis canto moitos deles sufriron persecución polas súas ideas e actividades. Nos últimos anos rexurdiu o interese pola historia dos movementos sociais, tentando un recoñecemento da importancia que as organizacións de traballadores tiveran na transformación da sociedade nun sentido fondamente democrático. E antes do dramático período de 1936-39 e nos anos de loita clandestina contra o franquismo, o obreirismo de Ferrol mantén unha traxectoria obrigada de salientar. [Contracapa do libro]