Puntuación: 1.9/5 (72 votos)
Constitúe un grande honor e ao tempo unha enorme responsa bilidade encabezar con estas liñas a presente edición de Don Quixote da Mancha na nosa lingua, coa que desde Galicia queremos sumarnos á conmemoración en 2005 do cuarto centenario da saída do primeiro tomo desta obra universal do obradoiro de Juan de la Cuesta.
Non en van se trata do texto da lingua española máis traducido de todos os tempos e que, como non podía ser doutro modo, contaba tamén coa súa versión en lingua galega, realizada en 1988 por un equipo de tradutores que, en opinión dos entendidos, realizaron un traballo de extraordinaria calidade. Naquela ocasión, o texto complementouse con ilustracións asinadas polos máis importantes pintores galegos. Puxéronlle cor e cara ao Quixote, Sancho ou Dulcinea, Laxeiro, Abelenda, Lodeiro, Conde Corbal, Alfonso Costas, Sucasas, Moldes, Correa Corredoira, Lamazares, Virxilio, Alberto Datas, Costas e Leopoldo Nóvoa, nunha edición especial de trescentos exemplares. Ademais, a Real Academia Galega deu a coñecer en 1975 dous capítulos traducidos da obra por Leandro Carté Alvarellos. Non cabe dúbida da idoneidade da conmemoración deste 2005 para ofrecer unha edición actualizada daquela tradución do Quixote á nosa lingua, nesta ocasión accesible para o gran público e adaptada ás novas convencións normativas.
[Fragmento da Presentación do Presidente da Xunta]