Por primeira vez publicase en galego un poemario completo de Paul Celan, un dos grandes poetas do século XX. A colección Dombate, que Editorial Galaxia dedica á poesía, inclúe entre os seus títulos unha das obras máis cativadoras e emocionantes da literatura contemporánea, "A rosa de ninguén" .
Orixinalmente publicado en alemán no ano 1963, este poemario contén algunhas das composicións fundamentais de Celan e aparece agora nunha edición bilingüe, traducido para o galego por Catuxa López Pato.
A obra de Paul Celan constitúe unha das referencias esenciais da historia da poesía no século xx. Un universo poético que se ergue como experiencia transformadora ante o enigma da existencia. A capacidade de suxestión e penetración das súas yerbas reafirma o concepto de literatura como linguaxe que mostra e oculta ao mesmo tempo, como renuncia e plenitude. En 1960 Celan recibiu o Premio Georg Büchner pola súa obra literaria. [Presentación editorial]