Unha vida sae a luz do día diante dos nosos ollos. Unha muller foxe do seu propio pasado tentando chegar a metas imaxinadas longo tempo atrás. O xeito de interpretar a realidade desde unha visión excesivamente crítica co mundo que a rodea e con ela mesma provoca que as situacións sexan sombras da realidade.
Serán os personaxes cos que se relaciona os que dun xeito calado farán mudanzas na consciencia de Raquel, levándoa a atopar novos camiños salpicados das historias do pasado familiar.
Só o son esquecido será quen de falar coa máis alta das voces. [Contracapa do libro]