Filla dun pai ciclotímico, que na madurez sente a necesidade de pasar á acción anticapitalista, Fausta tenta facer da razón o seu guieiro para relacionarse co mundo e coa xente. Incluso programa as accións que atinxen ás emocións, ou ás transgresións, someténdose a ríxidos protocolos para levalas á práctica. Está farta da súa precariedade laboral e das rutineiras investigacións en supercondutores. O tedio, o derrotismo e un pretensioso individualismo como única saída ao seu desasosego posúena, afastándoa da loita por un futuro de esperanza, encarnada na figura do doente pai. [Presentación editorial]