Puntuación: 2.0/5 (41 votos)
Nesta novela nárranse pouco máis de dúas décadas da vida de Chinto, un rapaz de Outeiro, aldea perdida nas montañas de Lugo, que nos descobre a súa infancia, o seu mundo cheo de acontecementos que intenta comprender servíndose do modelo de conduta que lle fornece o pai e que non é outro que o do seu bisavó homónimo, conquistador inesgotable de mulleres, aventureiro, pirata, amante clandestino fuxido ao Brasil de forma intempestiva, sen ter chegado a coñecer o seu único fillo lexítimo. Retrátase o mundo que rodea ao cativo, as persoas e sucesos que marcan a súa maneira de contemplar a realidade, a escola, a relixión, o amor, un amor inconveniente que o ata ao lugar de nacenza e do que acabará fuxindo. Abandonará a aldea coa finalidade de esquecer o limitado mundo de relacións restrinxidas. Coñecerá a vila mariñeira de Cedeira, xente diversa, un mundo diferente, de mar aberto, antes de marchar ao Brasil, fuxindo de amores imposibles e coa finalidade de encontrar o home que foi a súa referencia vital. Ao longo da novela coñeceremos as vidas das distintas persoas que se sitúan arredor de Chinto.
[Contracapa do libro]