A pesares da arrogancia que lle permite toda a fanfarria de medios de adoutrinamento de masas, o neoliberalismo
está fracasando e levando á ruína a aquelas sociedades que o abrazan. Á periferia, o elo
máis fébel e vulnerábel, tocalle a pior parte. O segundo fracaso histórico do neoliberalismo está xa a vista
de calquera que se atreva a correr o velo da propaganda. Galiza é un bon exemplo. O neoliberalismo
está a converter o proceso de modernización da economía e da sociedade galegas nun calvario
máis que nun ascenso na escada do benestar. O seu corolorario máis rechamante é a desfeita
demográfica, o diario estado de malestar de amplas capas da poboación. A iso únese a depredación
de recursos e do medio natural. Toda esa experiencia de fracaso é sometida a escrutinio neste libro: modelo
económico, políticas de desregulación, privatizacións, política clientelar, concentración de empresas,
paro, condicións de vida, desigualdades, destrucción do medio, etc. Unha crítica que abre paso a
propostas para revirar a situación, na convicción de que urxe a mobilización activa da intelixencia e das
ideas para impedir que a arrogancia simplista dos neoliberais se traduza en derrotismo e desestimento
do resto da sociedade. Un libro concebido tamén como loita de ideas. [Presentación editorial]