Puntuación: 2.0/5 (36 votos)
Fahrenheit 451: a temperatura á cal un libro prende lume e arde. Guy Montag é bombeiro. O seu traballo consiste en queimar libros, que están prohibidos e son fonte de discordia e infelicidade. Aínda así, Montag séntese desgrazado: o seu matrimonio está en crise. ¿Acaso hai libros agochados na súa casa? O Sabuxo Mecánico do Departamento do Lume, armado cunha agulla hipodérmica letal e escoltado por helicópteros, persegue aos disidentes que se atreven a ler.
"Fahrenheit 451" de Ray Bradbury é unha novela situada nun futuro onde a xente xa non se interesa pola literatura. Constitúe xunto a 1984 de George Orwel e Un feliz mundo novo (Xerais, 1999) de Aldous Huxley, unha descrición profética da submisión de Occidente aos medios, ás drogas e ao conformismo. A novela de Bradbury resulta asombrosamente visionaria: televisións de tamaño de paredes que mostran telenovelas interactivas; carteis publicitarios de sesenta metros de longo nas estradas; altofalantes en miniatura que a xente leva nos oídos para escoitar música e as noticias; a indiferenza das persoas con respecto a todo. A prosa poética e poderosa de Bradbury fusiónase cunha percepción extraordinaria sobre o potencial da tecnoloxía para crear unha novela que, cincuenta anos depois da súa aparición, aínda ten capacidade de asombrar e impactar.
Un clásico da literatura do século XX en galego, unha antiutopía na que os libros están prohibidos e un grupo secreto de libros vivintes esfórzanse en transmitir de boca en boca a antiga cultura.
[Presentación editorial]