Puntuación: 2.3/5 (71 votos)
A obra literia de Lidia Jorge, unha das grandes escritoras en lingua portuguesa das últimas décadas céntrase basicamente en tres espazos: o do feminisno, o da memoria e o da propia escrita. Os seus libros, procurando novos camiños, son crónicas da vida coitá, recreacións literarias caracterizadas pola sensibilidade, a intelixencia, a emoción e a razón, aliadas de forma íntima.
En Marido e outros contos, o espazo feminino acapara o protagonismo. A través dunha narrativa perturbadora e botando man do monólogo interior, Lidia Jorde preséntanos as demoledoras circunstancias dunha muller que vai confesando as condicións de maltrato ás que a somete o seu home, un alcohólico bébedo que bate nela, pero do que ela non se quere separar por medo á presión social.
Con Marido e outros contos de Lidia Jorge e con Coma senon existise de Slavenka Drakulic a colección Xerais As Literatas, dirixida pola escritora María Xosé Queizán inicia unha nova etapa, cun novo deseño, coa intención de ofrecer na nosa lingua os mellores textos da literatura contemporánea escritos por mulleres.
[Presentación editorial]