Estes textos son unha traducción ao galego, revisada e aumentada, do ciclo de exposicións " Art i Compromis Social de la cultura Gallega" desenvolto na Galería Sargadelos de Barcelona entre decembro de 2002 e xaneiro do 2004. Foron realizados por María América Díaz Pampín e María Díaz Rey, coa axuda dos seus compañeiros do Instituto Galego de Información, Charo Portela, Gloria López, Alfonso Mato e X. R. Fandiño en cuestións específicas; Xosé Vizoso na deseñística e Adolfo Vizoso na dixitalización dos panos.
Este traballo, dicimos, plantexa varias cuestións que coidamos hai que significar para estudar o camiño polo que vai e polo que seguirá indo a nosa cultura. Coidamos que a ninguén lle quedarán dúbidas de que o mes de xullo do ano 1936 foi unha verdadeira desfeita para Galiza enteira, incluídas as súas manifestacións culturais. [Contracapa do libro]