As 29 cartas que reproducimos neste libro, case todas elas inéditas ata hoxe, constitúen a primeira fornada do descoñecido epistolario de Lorenzo Varela. Dirixidas na súa maioría á súa muller, Marika Gerstein, e aos seus amigos Maruja Mallo e Luis Seoane, abranguen un periodo non desprezable da súa vida: desde 1946, data da misiva-resposta a Juan Ramón Jiménez, ata 1977, cando lle quedaba pouco máis dun ano de vida. A mostra é significativa, sobre todo tratándose dun home que se definía como acartista, adxectivo que poderiamos traducir por "preguiceiro epistolar", e ilumina algúns recantos en sombra da biografía de Lorenzo Varela. [Contracapa do libro]