A recuperación e a análise dos artigos de Lorenzo Varela en sete relevantes revistas literarias de México e Arxentina axuda a trazar a personalidade dun autor ata agora relativamente esquecido entre nós. Permite saír ao encontro dun trasterrado que nunca deslindou a responsabilidade social da creación e do traballo diario, neste caso da súa profesión de xomalista. Tamén posibilita constatar os problemas e inquietudes dos refuxiados galegos a raíz da Guerra Civil de 1936.
Ademais, esta recolección e estudo de textos de Lorenzo Varela constitúe unha notable contribución á salvagarda do noso patrimonio intelectual e artístico no exilio e tenta ser un piar dese espazo cultural sistémico que analiza as achegas de Galicia ao ámbito da información e da comunicación en Iberoamérica. [Contracapa do libro]