Puntuación: 1.9/5 (83 votos)
Nesta selección, Poetas Galegos do Século XX, quero ofrecer unha leitura da poesía galega escrita durante o século pasado, mais tamén amosar liñas de continuidade que seguen a ser activas neste comezo do novo século.
Cando se me propuxo (por parte da Editorial Espiral Maior, e personalizo no seu director Miguel Anxo Fernán Vello) facerme cargo deste proxecto, debo confesar que me foi moi grato, e púxenme inmediatamente a traballar nel. Tamén hei de confesar que era un encargo que xa me fixeran no ano de 1984, mais, por razóns que prefiro gardar para min, o traballo (rematado) durmiu un longo sono até que a chamada do novo editor decidiu que o había que pór a andar .
Aproveitei moito do traballo feito hai vinte anos e decidinme a actualizalo e a incorporar autores que a comezos dos oitenta estaban a botar a andar as súas propostas poéticas. Hoxe, eles, poetas na cuarentena e na cincuentena non só cumpriron anos senón que crearon unha obra que merece toda a consideración, e disto queda constancia na selección Poetas Galegos do Século XX.
[Fragmento da Introdución]