O corvo de chapapote é unha historia que aínda está sucedendo. O Prestige asfaltou a costa de noxo e un xornalista anulado pola melancolía do fracaso viaxa ós escenarios da desolación. Bate co peor dos homes, os gobernantes mentiráns. Tamén co mellor, os voluntarios. Herdará unha escultura que semella certificar un desenlace, mais só é un remorso, mentres non chegue o verdadeiro desenlace. ¿Cando? [contracapa]