As almas dos mortos mergullábanse nas augas do Río Leteo e esquecían así as penas das súas pasadas existencias. Para os personaxes desta obra o río do Esquecemento está seco. E aí reside o problema. Ningún deles poderá mergullarse nas augas do esquecemento e da memoria. Un crítico literario, escritores con vocación de xenialidade, amantes e namorados, todos eles condenados a vivir na literatura. Unha obra sobre a condición humana e os avatares da memoria. Contracapa do libro]