Completa biografía do autor ó que se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano 2005 –Lorenzo Varela–; importante poeta, animador social e cultural e bo representante da literatura galega no exilio americano. Os diferentes capítulos achégannos á súa vida e obra, preséntannos cadros sinópticos nos que se relaciona o autor coa Galicia e o mundo da súa época, ofrécennos exercicios para traballar cos alumnos na aula e móstrannos unha escolma dos seus textos máis destacados. Inclúe un apartado de ilustracións diversas e outro cos testemuños de diferentes personalidades e críticos literarios. Leva prólogo do académico e especialista da literatura galega do exilio, Xosé Luís Axeitos.
O autor deste estudo, Gregorio Ferreiro, foi o coordinador científico do Congreso celebrado recentemente en Monterroso, ó redor da figura de Lorenzo Varela. [Presentación editorial]