Puntuación: 2.2/5 (64 votos)
Un feixe de mariñeiros galegos está a largar as redes nas augas polares do arquipélago Spilbergen, entre placas de xeo, nunhas latitudes que nin sequera veñen nos mapas. Son bacalloeiros. “Follas de bacallau” de Xabier Paz abala entre o diario persoal, como unha bitácora ou diario de a bordo, o apuntamento memorialistico e, sobre todo, a crónica do mundo da pesca do bacallau. Relatado desde o punto de vista dun biologo que saber converter a crónica en literatura, este libro dalle voz aos mariñeiros, cada un coas suas preocupacións persoais, esas que adoitan saír nas confidencias das caldeiradas nocturnas: os problemas de saúde da muller, a voda próxima da filla, a merca dun novo coche, as letras do piso... Anécdotas, reflexións na soidade asoballante do mar, contos que os propios mariñeiros narran, a vida e o traballo de a bordo, a saudade, os labores da pesca, a dureza do día a día, o frío e unha intensa reflexión sobre a propia escrita dan forma a este libro singular e interesante.
[Presentación editorial]